← Volver atrás

Alonso Comesaña, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Paseado

Nacemento:

Matamá, Santa Cristina de Lavadores, Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Alto da Encarnación, San Fausto de Chapela, Redondela
(Pontevedra)
- 16/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 28 anos. Casado con Irene Fernández Fernández. Veciños de Matamá.

Paseado.

Despois do golpe de Estado Emilia Cabaleiro Amoedo e o seu fillo Antonio buscaron refuxio en Porto Cabeiro para catro homes de Vigo; eran os últimos meses de 1936. Á nai e ao fillo espiounos un veciño ata que puido coñecer o agocho que empregaban.

O día 13/02/1937 un amplo operativo de gardas civís, gardas cívicos e falanxistas, ao mando do sarxento Miguel Marcos, poñen cerco á casa de Emilia e de Antonio; torturaron á nai a ao fillo para que desen información das persoas que acubillaban e da axuda que lles prestaban. Foron tres días dun auténtico martirio.

O día 16/02/1937 prenderon a: Manuel Vázquez Lamas, empregado de arbitrios; Higinio Fernández Fernández, zapateiro, e Antonio Alonso Comesaña, carpinteiro.

Xuntos e no mesmo lugar e data asasinaron a: Antonio Alonso Comesaña, Antonio Cabaleiro Amoedo, Emilia Cabaleiro Amoedo, Higinio Fernández Fernández e Manuel Vázquez Lamas. Os corpos de Emilia e do seu fillo atopáronos con sinais de tortura, mutilados e cribados a balazos; ademais a Emilia cortáronlle os peitos e metéranlle na boca o pene e os testículos do seu fillo.

Morte rexistrada no Alta da Concheira, na estrada Vigo-Redondela, a causa de feridas producidas por proxectil de arma de fogo.

Soterrárono no cemiterio dos Eidos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha