Nacemento:
Morte:
Zapateiro, 20 anos. Veciño de San Paio, Santa Cristina de Lavadores, Vigo.
Paseado.
Despois do golpe de Estado Emilia Cabaleiro Amoedo e o seu fillo Antonio Cabaleiro Amoedo buscaron refuxio en Porto Cabeiro para catro homes de Vigo nos últimos meses de 1936. Á nai e ao fillo espiounos un veciño ata que puido coñecer o agocho que empregaban.
O día 13/02/1937 un amplo operativo de gardas civís, gardas cívicos e falanxistas ao mando do sarxento Miguel Marcos, poñen cerco á casa de Emilia e Antonio; torturaron á nai a ao fillo para que desen información das persoas que acubillaban e da axuda que lles prestaban. Foron tres días dun auténtico martirio.
O día 16/02/1937 prenderon a: Manuel Vázquez Lamas, empregado de arbitrios; Higinio Fernández Fernández, zapateiro, e Antonio Alonso Comesaña, carpinteiro.
Morte rexistrada no Alta da Encarnación, na estrada Vigo-Redondela, a causa de feridas producidas por proxectil de arma de fogo.
Xuntos e no mesmo lugar e data executaron a: Antonio Alonso Comesaña, Antonio Cabaleiro Amoedo, Emilia Cabaleiro Amoedo, Higinio Fernández Fernández e Manuel Vázquez Lamas.
Os corpos de Emilia e do seu fillo presentaban sinais de torturas, mutilados e cribados a balazos; ademais a Emilia cortáronlle os peitos e metéronlle na boca o pene e os testículos do seu fillo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.