Nacemento:
Morte:
Empregado, 30 anos. Casado con Estrella Díaz Piñeiro. Veciños da rúa do Triunfo, 6, Santa Cristina de Lavadores, en Vigo (Pontevedra).
Paseado.
Despois do golpe sedicioso Emilia e o seu fillo Antonio buscaron refuxio en Porto Cabeiro para catro homes de Vigo, xa nos últimos meses de 1936. Á nai e ao fillo espiounos un veciño ata que puido coñecer o agocho que empregaban.
O día 13/02/1937 un amplo operativo de gardas civís, gardas cívicos e falanxistas, ao mando do sarxento Miguel Marcos, poñen cerco á casa de Emilia e de Antonio; torturaron á nai e ao fillo para que desen información das persoas que acubillaban e da axuda que lles prestaban. Foron tres días dun auténtico martirio.
O día 16/02/1937 prenderon: Manuel Vázquez Lamas, 30 anos, empregado de arbitrios; Higinio Fernández Fernández, 20 anos, zapateiro, e Antonio Alonso Comesaña, 29 anos, carpinteiro.
Morte rexistrada no Alto da Encarnación, na estrada Vigo-Redondela, a causa de feridas producidas por proxectil de arma de fogo.
Xuntos e no mesmo lugar e data asasinaron a: Antonio Alonso Comesaña, Antonio Cabaleiro Amoedo, Emilia Cabaleiro Amoedo, Higinio Fernández Fernández e Manuel Vázquez Lamas. A Emilia e ao seu fillo torturáronos, mutiláronos e cribáronos a balazos; ademais a Emilia cortáronlle os peitos e metéronlle na boca o pene e os testículos do seu fillo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.