← Volver atrás

Marcos, Miguel

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Sarxento da Garda Civil.

Represor.

Despois do golpe de Estado, Emilia Cabaleiro Amoedo e o seu fillo Antonio Cabaleiro Amoedo buscaron refuxio en Porto Cabeiro para catro homes de Vigo (Pontevedra) nos últimos meses de 1936. Á nai e ao fillo espiounos un veciño ata que puido coñecer o agocho que empregaban.

O día 13/02/1937 un amplo operativo de gardas civís, gardas cívicos e falanxistas, ao mando do sarxento Miguel Marcos, poñen cerco á casa de Emilia e de Antonio; torturaron á nai e ao fillo para que desen información das persoas que acubillaban e da axuda que lles prestaban. Foron tres días dun auténtico martirio.

O día 16/02/1937 prenderon a: Manuel Vázquez Lamas, empregado de arbitrios; Higinio Fernández Fernández, zapateiro, e Antonio Alonso Comesaña, carpinteiro.

Finaron executados xuntos, no Alta da Concheira, San Fausto de Chapela, Redondela (Pontevedra): Antonio Alonso Comesaña, Antonio Cabaleiro Amoedo, Emilia Cabaleiro Amoedo, Higinio Fernández Fernández e Manuel Vázquez Lamas. Os corpos de Emilia e do seu fillo amosaban sinais de torturas, mutilacións e cribáronos a balazos. Ademais a Emilia cortáronlle os peitos e metéronlle na boca o pene e os testículos do seu fillo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha