Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 26 anos. Veciño do Grove.
Fuxido. Encarcerado.
Foxe no atuneiro Nuevo Emden o día 16/08/1937; partiron 18 persoas, perseguidas politicamente, desde O Grove e chegaron a Concarneau (Bretaña, Francia). O barco era da propiedade de Antonio-Francisco Vila Álvarez e de Juan Aguiño Vidal.
Os 18 fuxidos, todos do Grove, foron: Juan Aguiño Vidal, mariñeiro; Jesús Álvarez Pazos, mariñeiro; Manuel Caneda Domínguez, mariñeiro; Jacobo Caneda García, mariñeiro; Juan Díaz Naveiro, fogueiro; Antonio Díaz Otero, mariñeiro; José Díaz Otero, mariñeiro; Jesús-Ricardo-Jacobo Fernández Domínguez; Manuel-María Lois Galiñanes, mariñeiro; Arturo Meis Otero; Antonio Otero Cacabelos, mariñeiro; Manuel Otero Cacabelos, patrón; Antonio Otero Gómez, mariñeiro; Manuel Otero Gómez, mariñeiro; José Otero Pérez, mariñeiro; Andrés Padín Aguiño, mariñeiro; Antonio-Francisco Vila Álvarez, mariñeiro, e Marcelino Vila Álvarez, mariñeiro.
Fixo a guerra civil no Exército Popular republicano.
Xulgado en decembro de 1940 en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (proceso pola fuxida do atuneiro Nuevo Emden), na causa 728/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
Neste xuízo condenaron a 12 anos e un día de cadea a: Jesús Álvarez Pazos, Jacobo Caneda García, Juan Díaz Naveiro, José Díaz Otero e Antonio Otero Cacabelos. Castigaron a dez anos de prisión a Manuel Caneda Domínguez. Declararon fuxidos e en rebeldía a: Juan Aguiño Vidal, Antonio Díaz Otero, Jesús-Ricardo-Jacobo Fernández Domínguez, Manuel-María Lois Galiñanes, Arturo Meis Otero, Manuel Otero Cacabelos, Antonio Otero Gómez, Manuel Otero Gómez, José Otero Pérez, Andrés Padín Aguiño, Antonio-Francisco Vila Álvarez e Marcelino Vila Álvarez.
Pena conmutada en febreiro de 1941 pola de oito anos de cadea.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.