Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 20 anos. Veciño do Grove.
Fuxido. Encarcerado.
Fuxido no atuneiro Nuevo Emden o día 16/08/1937. Partiron 18 persoas perseguidas politicamente desde O Grove e chegaron a Concarneau (Bretaña, Francia). O barco era da propiedade de Antonio-Francisco Vila Álvarez e de Juan Aguiño Vidal.
Os 18 fuxidos, todos do Grove, foron: Juan Aguiño Vidal, mariñeiro; Jesús Álvarez Pazos, mariñeiro; Manuel Caneda Domínguez, mariñeiro; Jacobo Caneda García, mariñeiro; Juan Díaz Naveiro, fogueiro; Antonio Díaz Otero, mariñeiro; José Díaz Otero, mariñeiro; Jesús-Ricardo-Jacobo Fernández Domínguez; Manuel-María Lois Galiñanes, mariñeiro; Arturo Meis Otero; Antonio Otero Cacabelos, mariñeiro; Manuel Otero Cacabelos, patrón; Antonio Otero Gómez, mariñeiro; Manuel Otero Gómez, mariñeiro; José Otero Pérez, mariñeiro; Andrés Padín Aguiño, mariñeiro; Antonio-Francisco Vila Álvarez, mariñeiro, e Marcelino Vila Álvarez, mariñeiro.
Fixo a guerra civil no bando republicano.
Preso dos sediciosos no campo de concentración de Miranda de Ebro (Burgos) en xaneiro de 1939.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) en decembro de 1940 polo delito de rebelión militar, na causa 728/37 (fuxida da embarcación Nuevo Emden), co resultado de sentenza a dez anos de prisión.
Pena conmutada pola de seis anos de prisión menor en febreiro de 1941.
Neste xuízo condenaron a 12 anos e un día de cadea a: Jesús Álvarez Pazos, Jacobo Caneda García, Juan Díaz Naveiro, José Díaz Otero e Antonio Otero Cacabelos. Castigaron a dez anos de prisión a Manuel Caneda Domínguez. Declararon fuxidos e en rebeldía a: Juan Aguiño Vidal, Antonio Díaz Otero, Jesús-Ricardo-Jacobo Fernández Domínguez, Manuel-María Lois Galiñanes, Arturo Meis Otero, Manuel Otero Cacabelos, Antonio Otero Gómez, Manuel Otero Gómez, José Otero Pérez, Andrés Padín Aguiño, Antonio-Francisco Vila Álvarez e Marcelino Vila Álvarez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.