← Volver atrás

Caneda García, Jacobo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 01/01/1897 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 39 anos. Veciño do Grove.

Fuxido. Encarcerado.

Fuxido no atuneiro Nuevo Emden o día 16/08/1937. Partiron 18 persoas perseguidas politicamente desde O Grove e chegaron a Concarneau (Bretaña, Francia). O barco era da propiedade de Antonio-Francisco Vila Álvarez e de Juan Aguiño Vidal.

Os 18 fuxidos, todos do Grove, foron: Juan Aguiño Vidal, mariñeiro; Jesús Álvarez Pazos, mariñeiro; Manuel Caneda Domínguez, mariñeiro; Jacobo Caneda García, mariñeiro; Juan Díaz Naveiro, fogueiro; Antonio Díaz Otero, mariñeiro; José Díaz Otero, mariñeiro; Jesús-Ricardo-Jacobo Fernández Domínguez; Manuel-María Lois Galiñanes, mariñeiro; Arturo Meis Otero; Antonio Otero Cacabelos, mariñeiro; Manuel Otero Cacabelos, patrón; Antonio Otero Gómez, mariñeiro; Manuel Otero Gómez, mariñeiro; José Otero Pérez, mariñeiro; Andrés Padín Aguiño, mariñeiro; Antonio-Francisco Vila Álvarez, mariñeiro, e Marcelino Vila Álvarez, mariñeiro.

Fixo a guerra civil no bando republicano.

Xulgado en consello de guerra en decembro de 1940 en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 728/37 (proceso pola fuxida do atuneiro Nuevo Emden), co resultado de sentenza a doce anos e un día de prisión.

Neste procedemento condenaron a 12 anos e un día de cadea a: Jesús Álvarez Pazos, Jacobo Caneda García, Juan Díaz Naveiro, José Díaz Otero e Antonio Otero Cacabelos. Castigaron a dez anos de prisión a Manuel Caneda Domínguez. Declararon fuxidos e en rebeldía a: Juan Aguiño Vidal, Antonio Díaz Otero, Jesús-Ricardo-Jacobo Fernández Domínguez, Manuel-María Lois Galiñanes, Arturo Meis Otero, Manuel Otero Cacabelos, Antonio Otero Gómez, Manuel Otero Gómez, José Otero Pérez, Andrés Padín Aguiño, Antonio-Francisco Vila Álvarez e Marcelino Vila Álvarez.

Pena conmutada pola de oito anos en febreiro de 1941.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha