← Volver atrás

Vila Álvarez, Marcelino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

O Grove
(Pontevedra)
- 21/05/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro, 24 anos. Veciño do Grove. Maquinista do Nuevo Emden. Irmán de Antonio-Francisco Vila Álvarez, tamén fuxido no Nuevo Emden.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Foxe no atuneiro Nuevo Emden o día 16/08/1937. Partiron 18 persoas, perseguidas politicamente, desde O Grove e chegaron a Concarneau (Bretaña, Francia). O barco era da propiedade de Antonio-Francisco Vila Álvarez e de Juan Aguiño Vidal.

Os 18 fuxidos, todos do Grove, eran: Juan Aguiño Vidal, mariñeiro; Jesús Álvarez Pazos, mariñeiro; Manuel Caneda Domínguez, mariñeiro; Jacobo Caneda García, mariñeiro; Juan Díaz Naveiro, fogueiro; Antonio Díaz Otero, mariñeiro; José Díaz Otero, mariñeiro; Jesús-Ricardo-Jacobo Fernández Domínguez; Manuel-María Lois Galiñanes, mariñeiro; Arturo Meis Otero; Antonio Otero Cacabelos, mariñeiro; Manuel Otero Cacabelos, patrón; Antonio Otero Gómez, mariñeiro; Manuel Otero Gómez, mariñeiro; José Otero Pérez, mariñeiro; Andrés Padín Aguiño, mariñeiro; Antonio-Francisco Vila Álvarez, mariñeiro, e Marcelino Vila Álvarez, mariñeiro.

Pasou logo a zona republicana.

Ao remate da guerra civil, no ano 1939, escapa a Francia.

Xulgado en decembro de 1940 en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 728/37 (fuxida do atuneiro Nuevo Emden) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Neste xuízo condenaron a 12 anos e un día de cadea a: Jesús Álvarez Pazos, Jacobo Caneda García, Juan Díaz Naveiro, José Díaz Otero e Antonio Otero Cacabelos. Castigaron a dez anos de prisión a Manuel Caneda Domínguez. Declararon fuxidos e en rebeldía a: Juan Aguiño Vidal, Antonio Díaz Otero, Jesús-Ricardo-Jacobo Fernández Domínguez, Manuel-María Lois Galiñanes, Arturo Meis Otero, Manuel Otero Cacabelos, Antonio Otero Gómez, Manuel Otero Gómez, José Otero Pérez, Andrés Padín Aguiño, Antonio-Francisco Vila Álvarez e Marcelino Vila Álvarez.

Despois da invasión nazi de Francia, estivo confinado nos campos de Compiègne (Francia) e Sachsenhausen (barrio de Frankfurt, Alemaña), no que o internan o día 25/01/1943.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.