Nacemento:
Morte:
Militar, 67 anos. Aos 16 anos ingresou na Academia de Artillería de Segovia; en 1898 era capitán. No desenvolvemento da 1ª Guerra Mundial encargárono de modernizar e innovar as industrias militares. No ano 1920 era coronel en Pontevedra.
Destinárono en 1920 como coronel en Pontevedra desde onde se colocou fronte a ditadura. Enfrontado e crítico en 1926 co ditador Miguel Primo de Rivera Orbaneja, suspendérono de emprego e soldo e condenárono a cadea perpetua, ingresárono no penal de San Cristóbal, Pamplona (Navarra); amnistiado polas protestas que houbo despois do seu apresamento, pretendeuse que pasara á reserva e retirárono por lei do Goberno; reintegrouse no ano 1930 e ascendeu a xeneral de brigada o 09/11/1930.
Co establecemento da II República xurou lealdade ao novo réxime e noméano gobernador militar de Logroño. No ano 1932 Manuel Azaña Díaz encomendoulle, entre outros cargos, o de Director Xeral e Inspector da Garda Civil, substituíndo a Miguel Cabanellas Ferrer e no que se mantivo ata a súa xubilación en febreiro de 1935.
Exiliado.
Cando se produce o movemento rebelde mantívose fiel á República, para a que desenvolveu cargos de responsabilidade, como o de xeneral inspector das Industrias Militares.
Rematada a guerra civil pasou a Francia o día 06/02/1939 e, despois, á República Arxentina, cos seus fillos, no vapor Formose; non quixo volver a España.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.