← Volver atrás

Bermejo Nicolás, Francisco

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Murcia
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María a Maior do Val, Narón
(A Coruña)
- 30/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 26 anos. Mariño da Armada, cabo de artillería do vapor Dómine.

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de suposta conspiración neste barco co resultado de sentenza á pena de morte.

Morte rexistrada no Val a causa de ser pasado polas armas.

O vapor Dómine era o buque insignia da Compañía Trasmediterránea e, ao comezo da guerra civil, embargárono os militares sublevados nas Palmas de Gran Canaria e convertérono en transporte de tropas.

O día 30 de novembro executaron os seguintes tripulantes do vapor Dómine no cemiterio parroquial do Val, onde os soterraron: Vicente Navarro Mogollón, 21 anos, mariñeiro de Zaragoza; Joaquín Pérez Martín, 20 anos, mariñeiro de Valladolid; José Rial Rivas, 19 anos, mariñeiro de Ourense; Francisco Bermejo Nicolás, 26 anos, cabo de artillería de Murcia; Antonio Castellano Padilla, 27 anos, impresor de Barcelona; José Miguel Soler, 31 anos, mariñeiro de Alacante; Antonio Berenguer Galiart, 33 anos, cociñeiro de Barcelona; Juan Fabregat Bort, 22 anos, marmitón de Barcelona; Francisco Ortega Ballabrica, 26 anos, axudante de cociña de Barcelona e Manuel González Gutiérrez, 32 anos, mariñeiro de Barcelona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha