← Volver atrás

Navarro Mogollón, Vicente

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Zaragoza
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa María a Maior do Val, Narón
(A Coruña)
- 30/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 21 anos. Mariño da Armada, mariñeiro do vapor Dómine.

Executado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de suposta conspiración no dito vapor co resultado de sentenza á pena de morte.

Morte rexistrada no Val ao ser pasado polas armas.

O vapor Dómine era o buque insignia da Compañía Trasmediterránea e, ao comezo da guerra, embargárono os militares sublevados nas Palmas de Gran Canaria e convertérono en transporte de tropas.

O día 30 de novembro fusilaron aos seguintes tripulantes do vapor Dómine, no cemiterio parroquial do Val, onde os soterraron: Vicente Navarro Mogollón, 21 anos, mariñeiro, de Zaragoza; Joaquín Pérez Martín, 20 anos, mariñeiro, de Valladolid; José Rial Rivas, 19 anos, mariñeiro, de Ourense; Francisco Bermejo Nicolás, 26 anos, cabo de artillería, de Murcia; Antonio Castellano Padilla, 27 anos, impresor, de Barcelona; José Miguel Soler, 31 anos, mariñeiro, de Alacante; Antonio Berenguer Galiart, 33 anos, cociñeiro, de Barcelona; Juan Fabregat Bort, 22 anos, marmitón, de Barcelona; Francisco Ortega Ballabrica, 26 anos, axudante de cociña, de Barcelona e Manuel González Gutiérrez, 32 anos, mariñeiro, de Barcelona.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha