Nacemento:
Morte:
Mariñeiro, 25 anos. Veciño da rúa Arco de Teatro, 49, en Barcelona. Mariño da Armada, axudante de cociña no vapor Dómine.
Executado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de suposta conspiración no seu barco co resultado de sentenza á pena de morte.
Morte rexistrada no Val ao ser pasado polas armas.
O vapor Dómine era o buque insignia da Compañía Trasmediterránea e, ao comezo da guerra civil, embargárono os militares sublevados nas Palmas de Gran Canaria e convertérono en transporte de tropas.
O día 30 de novembro executaron aos seguintes tripulantes do vapor Dómine no cemiterio parroquial do Val, onde os soterraron: Vicente Navarro Mogollón, 21 anos, mariñeiro, de Zaragoza; Joaquín Pérez Martín, 20 anos, mariñeiro, de Valladolid; José Rial Rivas, 19 anos, mariñeiro, de Ourense; Francisco Bermejo Nicolás, 26 anos, cabo de artillería, de Murcia; Antonio Castellano Padilla, 27 anos, impresor, de Barcelona; José Miguel Soler, 31 anos, mariñeiro, de Alacante; Antonio Berenguer Galiart, 33 anos, cociñeiro, de Barcelona; Juan Fabregat Bort, 22 anos, marmitón, de Barcelona; Francisco Ortega Ballabrica, 26 anos, axudante de, cociña de Barcelona, e Manuel González Gutiérrez, 32 anos, mariñeiro, de Barcelona.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.