Nacemento:
Morte:
Funcionario e político, 48 anos. Casado. Veciño de Cangas (Pontevedra). Irmán de José Búa Carou, procesado. Secretario do concello de Portas en 1916, de Tomiño en 1925 e do Rosal en 1927, todos concellos da provincia de Pontevedra. Chegou a Cangas en marzo de 1936 para substituír ao secretario Jesús Cordeiro, suspendido pola Fronte Popular (FP) por irregularidades; contratárono como secretario interino.
Militante do PSOE.
Encarcerado. Morte na cadea.
Despois do triunfo dos militares rebeldes prendérono e ingresárono no cárcere de Cangas.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Pontevedra, o día 19/09/1936, polo delito de auxilio á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste consello de guerra xulgaron a: Francisco-Agustín-Juan Búa Carou, funcionario; Lorenzo-Santiago-Vitoriano Corbacho Rodal, canteiro; Agustín Jorge Etcheverri, médico (alcalde de Cangas); José-Modesto Rodal Lanzós, mariñeiro, e Víctor Sánchez Mártil, mestre.
Pena ordinaria conmutada na comisión de exame de penas de Pontevedra.
Ingresado na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) o día 14/10/1936.
Trasladado ao Forte de San Cristóbal, onde ingresa o 16/05/1937 e onde se rexistra a súa morte por mor dunha caquexia.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.