Nacemento:
Morte:
Cociñeiro e político, 26 anos. Solteiro. Veciño de Baltar. Irmán de Francisco Carrera Falcón e de José Carrera Falcón, tamén encarcerados.
Encarcerado.
Cando comezou a guerra civil mobilizárono os rebeldes e acadou o grao de cabo. O día 25/08/1937 desertou das tropas golpistas e pasou a combater no exército leal. Pertenceu á Garda Nacional Republicana e, o 18/10/1937, solicitou o ingreso no Corpo de Seguridade.
Os franquistas prendérono ao rematar a guerra civil.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Madrid o día 06/09/1939 polo delito de rebelión militar, na causa 5357/39, e condenado á pena de morte.
Pena de morte conmutada.
Pasou pola 3ª Agrupación de Colonias Penitenciarias Militarizadas de Talavera de la Reina (Toledo), de onde sae en liberdade o 22/12/1942.
Procesárono no Tribunal Nacional de Responsabilidades Políticas e indultárono no ano 1944.
Casou con Manuela Pásaro Trashorras; foron os pais de Luis Carrera Pásaro.
Prendérono de novo, por orde do gobernador civil de Lugo, o 23/05/1945 e puxérono en liberdade o 13/08/1945.
Logo da morte de Manuel Castro Tellado o 13/01/1947, prenderon a Lino o 15/02/1947 e internárono na Prisión Provincial de Lugo.
Xulgado en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo o día 30/01/1948 con outras persoas, na causa 99/47, polo delito de encubridor de bandoleiros e condenado a un ano e seis meses de prisión menor. A sentenza do día 17/02/1948 condenouno a un ano e seis mese de prisión menor e acompáñase dun expediente de indulto.
Nesta causa castigaron a dez anos de prisión a Aniceto Díaz Pereira, a seis anos a Modesto López Rodríguez, a cinco anos a Fidel Díaz Pérez, a tres anos a Manuel Pérez Penelas e a un ano e seis meses a Lino Carrera Falcón e a Primitivo Rodríguez Otero. Tamén Procesaron neste xuízo a: Manuel Cobas Rodríguez, José-María Díaz Cortón, América Díaz Pereira, Failde Fernández Teijeiro, Donato Freire Barja, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Anunciación Grandela Novo, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Paxaro Seijas, Ramón Paxaro Seijas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Ríos, José-Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares (Liñares).
Deixárono en liberdade na cadea de Lugo o 17/05/1948.
Nalgunhas fontes o seu primeiro apelido figura como Carreras.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.