← Volver atrás

Cobas Rodríguez, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Lugo
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
- 01/01/1983 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Dependente e político, 34 anos. Solteiro. Veciño de Lugo. Dependente de comercio.

Membro da UXT, secretario do Sindicato de Comercio e presidente local da Sociedade Instrutiva de Dependentes de Comercio entre 1933 e 1935. Afiliado a Agrupación Socialista (AS) de Lugo da que foi vogal. Concelleiro de Lugo polo PSOE, dentro da coalición da Fronte Popular (FP), no ano 1936 e 4º tenente de alcalde. Manuel participou nas reunións en favor do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Encarcerado.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 04/04/1940.

Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de auxilio á rebelión, na causa 200/40, co resultado de sentenza a 20 anos de cadea segundo resolución do día 07/04/1941.

Puxérono en liberdade o día 15/12/1941.

No ano 1945 nun intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña participaron: Manuel Cobas Rodríguez, dependente; Luis Fernández del Valle, político; Graciano Leivas Freire, mecánico; José-Mateo Mariñas Ferrero, xornalista, e Antonio Vidal Vilas, político, e outras persoas.

O día 25/07/1945 prendérono con Graciano Leivas, baixo a acusación de “actividades clandestinas de tipo socialista”, permanecendo os dous na Prisión Provincial de Lugo ata o día 29/08/1945, data na que os trasladaron á Prisión Provincial da Coruña.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de actuacións clandestinas, na causa 321/45, co resultado de sentenza a seis meses e un día de cadea.

A Manuel Cobas Rodríguez, José-Mateo Mariñas Ferrero e Antonio Vidal Vilas castigáronos a seis meses e un día de cadea; a Luis Fernández del Valle a nove meses.

Trasladárono de novo á cadea de Lugo o día 24/05/1946 e puxérono en liberdade o día 26/06/1946.

Volveu á cadea o día 24/02/1947, acusado nesta ocasión de axudar á guerrilla antifranquista, con Carmen Ares Fernández.

Xulgárono no Tribunal Militar Territorial de Lugo por axuda a bandoleiros na causa 99/47.

Puxérono en liberdade condicional o día 10/04/1948.

Manuel pertenceu á organización socialista clandestina de Lugo nos anos sesenta, da que chegou a ser secretario.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.