← Volver atrás

Mariñas Ferrero, José-Mateo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Bembibre
(León)
- 08/09/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornalista e político, 17 anos. Veciño de Madrid.

No ano 1935 afiliouse á Agrupación Socialista (AS) de Chamartín, Madrid.

Encarcerado.

Durante a guerra civil desenvolveuse como sarxento de Intendencia no exército leal.

Nos anos corenta residía en Rábade (Lugo) e participou na reorganización da Federación Provincial do PSOE en Lugo.

No ano 1945, nese intento de reorganización socialista en Lugo e na Coruña, participaron: Manuel Cobas Rodríguez, dependente; Luis Fernández del Valle, político; Graciano Leivas Freire, mecánico; José-Mateo Mariñas Ferrero, xornalista, e Antonio Vidal Vilas, político, e outras persoas. Arrestáronos os franquistas no mes de xullo dese ano.

Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 20/04/1946 polo delito de rebelión (actuacións clandestinas), na causa 321/45, co resultado de sentenza a seis meses e un día de cadea.

A Manuel Cobas Rodríguez, José-Mateo Mariñas Ferrero e Antonio Vidal Vilas castigáronos a seis meses e un día de cadea; a Luis Fernández del Valle a nove meses.

Deixárono en liberdade o día 27/06/1946.

No ano 1949 trasladouse a Madrid, onde desenvolve unha intensa labor xornalística. Foi vicepresidente da Unión de Xornalistas en abril de 1978.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha