Nacemento:
Morte:
Acomodador e político, 18 anos.
Militante das Xuventudes Socialistas (XXSS) de Madrid desde o ano 1935 e da UXT.
Encarcerado.
Cando se produce o golpe de Estado achábase en Barcelona nos preparativos da Olimpíada Popular.
Regresou a Madrid, onde traballou como axente do Servizo de Información Militar (SIM) e exerceu de capitán de Infantería na Escola Popular de Guerra en Madrid.
Ao remate da guerra civil detivérono os franquistas en abril de 1939 e condenárono en xuízo sumarísimo en Madrid a 12 anos de prisión.
Interno na Prisión Provincial de Madrid, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 327 do día 23/11/1942.
Cando sae da cadea pasou a vivir en Langreo (Principado de Asturias), onde sofre varias detencións.
No ano 1945, nun intento de reorganización do PSOE en Lugo e na Coruña, participaron: Manuel Cobas Rodríguez, dependente; Luis Fernández del Valle, político; Graciano Leivas Freire, mecánico; José-Mateo Mariñas Ferrero, xornalista, e Antonio Vidal Vilas, político, e outras persoas.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de actuacións clandestinas, na causa 321/45, co resultado de sentenza a nove meses de cadea.
A Manuel Cobas Rodríguez, José-Mateo Mariñas Ferrero e Antonio Vidal Vilas castigáronos a seis meses e un día de cadea; a Luis Fernández del Valle a nove meses.
Pasou polas prisións de Langreo (Principado de Asturias), A Coruña, de novo Langreo e Guadalaxara.
Concédeselle a liberdade condicional o día 25/01/1947.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.