← Volver atrás

Grandela Novo, Anunciación

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesada

Nacemento:

Provincia de Lugo
(Lugo)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Parella do zoqueiro e político Modesto López Rodríguez, encarcerado. Veciños da Pena, Santa María de Meira, Meira (Lugo).

Procesada.

Foi enlace, coa súa parella do guerrilleiro antifranquista Manuel Castro Tellado deste outubro de 1945.

Despois da morte de Castro Tellado o 13/01/1947, as forzas represoras franquistas rexistraron a súa casa o seguinte día 27/02/1947 e prendérona con Modesto.

Xulgárona en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo o día 30/01/1948 con outras persoas, na causa 99/47, polo delito de axuda a bandoleiros.

Nesta causa castigaron a dez anos de prisión a Aniceto Díaz Pereira, a seis anos a Modesto López Rodríguez, a cinco anos a Fidel Díaz Pérez, a tres anos a Manuel Pérez Penelas e a un ano e seis meses a Lino Carrera Falcón e a Primitivo Rodríguez Otero. Tamén Procesaron neste xuízo a: Manuel Cobas Rodríguez, José-María Díaz Cortón, América Díaz Pereira, Failde Fernández Teijeiro, Donato Freire Barja, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Anunciación Grandela Novo, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Paxaro Seijas, Ramón Paxaro Seijas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Ríos, José-Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares (Liñares).

Á súa parella Modesto trasladárono á Prisión Central de Xixón (Principado de Asturias) e deixárono en liberdade condicional nesta cadea o 26/08/1951.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha