Nacemento:
Morte:
Xastre e político, 37 anos. Casado; tiña dúas fillas, unha delas América. Veciños de Meira. Estivo emigrado en Cuba.
Concelleiro de Meira en 1936 pola Fronte Popular (FP).
Encarcerado.
Despois do golpe de Estado multouno o gobernador civil de Lugo por negarse a pagar a taxa sobre o prato único.
No ano 1941 abríronlle un expediente por responsabilidades políticas.
Foi enlace do guerrilleiro antifranquista Manuel Castro Tellado desde o ano 1944. Á súa filla América Díaz prendeuna a Garda Civil e confesou, rexistráronlles a casa o día 15/02/1947 e atoparon armas e documentación da guerrilla. Prendeuno a Garda Civil e internárono na Prisión Provincial de Lugo o día 28/02/1947.
Xulgárono en consello de guerra no Tribunal Militar Territorial nº 4 de Lugo o día 30/01/1948 con outras persoas, na causa 99/47, polo delito de axuda a bandoleiros. A sentenza do día 17/02/1948 condenouno a dez anos de prisión maior.
Nesta causa castigaron a dez anos de prisión a Aniceto Díaz Pereira, a seis anos a Modesto López Rodríguez, a cinco anos a Fidel Díaz Pérez, a tres anos a Manuel Pérez Penelas e a un ano e seis meses a Lino Carrera Falcón e a Primitivo Rodríguez Otero. Tamén Procesaron neste xuízo a: Manuel Cobas Rodríguez, José-María Díaz Cortón, América Díaz Pereira, Failde Fernández Teijeiro, Donato Freire Barja, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Anunciación Grandela Novo, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Paxaro Seijas, Ramón Paxaro Seijas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Ríos, José-Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares (Liñares).
Trasladárono ao Reformatorio de Adultos de Ocaña (Toledo) a finais de abril de 1948 para traballar na xastrería para a redención de pena. Puxérono en liberdade condicional o día 24/08/1954.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.