Nacemento:
Morte:
Labrego, sindicalista e político, 42 anos. Casado con Silvina Castro Tellado, irmá do guerrilleiro Manuel Castro Tellado. Veciños de Mosteiro.
Fundador da Sociedad de Trabajadores de la Tierra, da UXT, e membro do Comité Socialista de Mosteiro. Elixido concelleiro de Pol o día 12/03/1936.
Fuxido. Encarcerado.
Despois do triunfo do golpe militar prendérono os rebeldes e consegue escapar. Ocultouse polos montes da parroquia de Luaces con Manuel Castro Tellado e Manuel Rivas Carballés.
Prendérono e ingresárono na Prisión Provincial de Lugo o día 25/05/1937.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de adhesión á rebelión militar, na causa 1382/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua segundo resolución do 18/06/1938. Xuízo contra varios veciños de Pol.
Neste proceso condenaron a cadea perpetua a Primitivo Rodríguez Otero. Ditouse auto de sobresemento para Manuel González Teijeiro, sentenza de absolución para José López García e declararon fuxido a Manuel Castro Tellado.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas de Lugo e concedéronlle a prisión atenuada o día 23/08/1940.
Despois do pasamento do seu cuñado Manuel, o día 13/01/1947, prendérono co súa dona o seguinte 11 de febreiro.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Lugo o día 30/01/1948 polo delito de encubrimento de bandoleiros, na causa 99/47, co resultado de un ano e seis meses de prisión menor.
Deixárono en liberdade condicional o día 18/04/1948.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1945.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.