← Volver atrás

Domínguez Lage, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Marín
(Pontevedra)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Fogueiro, 28 anos. Veciño do barrio de Oleta, Donostia (Guipúscoa). Tripulante do bou artillado Virgen del Carmen.

Militante da UXT e da CNT. Membro da sociedade La Polar.

Encarcerado.

O Virgen del Carmen era un bou da Armada franquista, que pertencía a flotilla de Ribadeo (Lugo). O día 05/12/1936 a tripulación detivo aos mandos e fíxose co control do barco, levándoo a Bilbao (Biscaia) onde o rebautizaron como Donostia e incorporárono á Mariña de Guerra Auxiliar de Euskadi (MGAE). Despois pasou a Francia.

A varios membros da súa tripulación procesáronos con posterioridade os sediciosos: Antonio Domínguez Lage, fogueiro, pena de morte conmutada pola de cadea perpetua; Antonio Freijomil López, sanitario, 12 anos de cadea; José Gómez Prados, mariñeiro, absolto, e Jesús Lorenzo Mosquera, contramestre, cadea perpetua.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de adhesión á rebelión co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada pola de cadea perpetua.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha