← Volver atrás

Lorenzo Mosquera, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Rianxo
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mariñeiro. Contramestre do bou artillado Virgen del Carmen.

Encarcerado.

O Virgen del Carmen era un bou da Armada franquista que pertencía a flotilla de Ribadeo (Lugo). O día 05/12/1936 a tripulación detivo aos mandos e fíxose co control do barco levándoo a Bilbao (Biscaia), onde o rebautizaron como Donostia e incorporárono á Mariña de Guerra Auxiliar de Euskadi (MGAE). Despois pasou a Francia.

Varios membros desta tripulación serían procesados con posterioridade: Antonio Domínguez Lage, 28 anos, fogueiro, pena de morte conmutada pola de cadea perpetua; Antonio Freijomil López, 31 anos, sanitario, 12 anos de cadea; José Gómez Prados, 26 anos, mariñeiro, absolto, e Jesús Lorenzo Mosquera, contramestre, cadea perpetua.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha