← Volver atrás

Freijomil López, Antonio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 18/12/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Practicante, 29 anos. Veciño da San Sadurniño (A Coruña). Mariño da Armada, mariñeiro sanitario, auxiliar naval no bou artillado Virgen del Carmen.

Encarcerado.

O Virgen del Carmen era un bou da Armada franquista que pertencía a flotilla de Ribadeo (Lugo). O día 05/12/1936 a tripulación detivo aos mandos e fíxose co control do barco; levárono cara Bilbao (Biscaia) onde o rebautizaron como Donostia e incorporárono á Mariña de Guerra Auxiliar de Euskadi (MGAE).

Antonio era, en outubro de 1937, brigada sanitario das milicias republicanas na fronte asturiana e despois pasou a Francia.

A varios membros da súa tripulación procesáronos con posterioridade: Antonio Domínguez Lage, fogueiro, pena de morte conmutada por cadea perpetua; Antonio Freijomil López, sanitario, 12 anos de cadea; José Gómez Prados, mariñeiro, absolto e Jesús Lorenzo Mosquera, contramestre, cadea perpetua.

Xulgado en Ferrol por debilidade en acto de servizo (causa instruída contra a tripulación do Virgen del Carmen) co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

Puxérono en liberdade condicional en maio de 1941 e en liberdade definitiva en 1949.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha