← Volver atrás

Gómez Prados, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Procesado

Nacemento:

Ares
(A Coruña)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 26 anos. Veciño de Ares. Mariño da Armada, mariñeiro no bou artillado Virgen del Carmen.

Procesado.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de traizón (causa contra a tripulación do Virgen del Carmen) co resultado de sentenza de absolución e posto en liberdade.

O Virgen del Carmen era un bou da Armada franquista que pertencía a flotilla de Ribadeo (Lugo). O día 05/12/1936 a tripulación detivo aos mandos e fíxose co control do barco, levándoo a Bilbao (Biscaia) onde o rebautizaron como Donostia e incorporárono á Mariña de Guerra Auxiliar de Euskadi (MGAE). Despois pasou a Francia.

A varios membros da súa tripulación procesáronos os franquistas con posterioridade e cos seguintes resultados: Antonio Domínguez Lage, 28 anos, fogueiro, pena de morte conmutada pola de cadea perpetua; Antonio Freijomil López, 31 anos, sanitario, 12 anos de cadea; José Gómez Prados, 26 anos, mariñeiro, absolto, e Jesús Lorenzo Mosquera, contramestre, cadea perpetua.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha