← Volver atrás

Esteban-Infantes Martín, Emilio

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Toledo
- 18/05/1892 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 06/09/1962 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 44 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo en 1907 e compañeiro de promoción de Francisco Franco Bahamonde e Juan Yagüe Blanco. Serviu ás ordes de José Sanjurjo Sacanell en Melilla e Alhucemas. Aos vinte anos era capitán e pronto ascendeu a tenente coronel por méritos de guerra. No ano 1925 participou no Desembarco de Alhucemas. En 1928 era profesor na Academia Xeral Militar de Zaragoza.

No ano 1932 participou na "Sanjurjada".

Golpista.

O comezo da guerra civil sorprendeuno en Madrid e consegue incorporarse aos sublevados en Burgos, sendo xefe do Estado Maior do Corpo de Exército de Castilla. Desenvolveu diferentes cargos militares dos rebeldes ao longo da contenda.

En maio de 1940 ascendérono a xeneral de brigada e solicitou que o enviaran á fronte de Rusia no decurso da II Guerra Mundial. Sucedeu ao xeneral Agustín Muñoz Grandes no mando da División Azul o 12/12/1942, condecorouno Adolf Hitler e nomeárono xeneral de división por méritos de guerra.

Ocupou altos cargos na administración franquista, en 1951 acadou o grao de tenente xeneral e, no ano 1962, pasou á reserva.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha