Nacemento:
Morte:
Médico e político, 52 anos. Casado. Veciño do barrio dos Muíños, Mondoñedo. Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1905. Médico forense de Mondoñedo. En abril de 1936 era médico forense do xulgado de Vitoria (Araba) e permutou en maio para o xulgado de Pamplona (Navarra).
Presidente de Agrupación Municipal de Esquerda Republicana (ER) en Mondoñedo en 1935.
Encarcerado. Depurado.
Nos primeiros días do golpe militar colaborou coas forzas rebeldes na zona de Mondoñedo; aínda así prendérono os franquistas en agosto, ingresárono no depósito de Mondoñedo o día 20/08/1936 e trasladárono á Prisión Provincial da Coruña.
Xulgado en consello de guerra o día 10/04/1938 na Coruña polo delito de adhesión á rebelión, na causa 1119/37, co resultado de sentenza a seis anos e un día de prisión.
Neste proceso condenaron á pena de morte a: Alfredo Martínez Martínez, Guillermo Otero Villalba e José Sánchez Gacio; castigaron coa cadea perpetua a: Francisco García Martínez, Emilio González Valoria, Graciano Leivas Freire, Constantino Sánchez Gacio e Patricio Vijande Villar; penas de seis anos e un día para: Germán Fanego Salaverri e José-Ramón Villamarín Pallín.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Depurárono como médico forense do Xulgado de Instrución de Pamplona o día 10/02/1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.