← Volver atrás

Villamarín Pallín, José-Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Santa María de Cirio, Pol
(Lugo)
- 13/01/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mondoñedo
(Lugo)
- 01/11/1967 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Perito agrícola, xornalista e político, 55 anos. Casado en 1912 con Alicia Taladrid Pérez. Veciños de Mondoñedo (Lugo), onde se instalou como perito agrícola.

Un dos líderes da Federación Mindoniense de Sociedades Agrarias Católicas. Alcalde de Mondoñedo en 1920, concelleiro e 1º tenente de alcalde en 1923. Concelleiro de Mondoñedo en 1931 pola Dereita Liberal Republicana (DLR). Elixido alcalde de Mondoñedo o día 04/03/1936 por Esquerda Republicana (ER), formando parte da Fronte Popular (FP).

Encarcerado.

Ingresado polos franquistas no depósito de Mondoñedo o día 15/08/1936 e trasladado á Prisión Provincial de Lugo.

Enviado á Prisión Provincial da Coruña o día 03/09/1937.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 12/04/1938 polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1119/37, co resultado de sentenza a seis anos e un día de prisión.

Neste proceso condenaron á pena de morte a: Alfredo Martínez Martínez, Guillermo Otero Villalba e José Sánchez Gacio; castigaron coa cadea perpetua a: Francisco García Martínez, Emilio González Valoria, Graciano Leivas Freire, Constantino Sánchez Gacio e Patricio Vijande Villar; penas de seis anos e un día para: Germán Fanego Salaverri e José-Ramón Villamarín Pallín.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha