Nacemento:
Morte:
Labrego, 41 anos. Casado. Veciño do Couto de Outeiro, Mondoñedo. Tamén traballou de curandeiro.
Militante do PSOE e presidente da Sociedad de Trabajadores de la Tierra, vencellada á UXT. Tenente de alcalde de Mondoñedo pola coalición da Fronte Popular (FP) no ano 1936.
Encarcerado.
Ingresado no depósito de Mondoñedo o día 02/08/1936 e trasladado ao cárcere de Monforte de Lemos (Lugo).
Enviado á Prisión Provincial da Coruña o día 21/10/1937.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de auxilio á rebelión, na causa 1119/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.
Neste proceso condenaron á pena de morte a: Alfredo Martínez Martínez, Guillermo Otero Villalba e José Sánchez Gacio; castigaron coa cadea perpetua a: Francisco García Martínez, Emilio González Valoria, Graciano Leivas Freire, Constantino Sánchez Gacio e Patricio Vijande Villar; penas de seis anos e un día para: Germán Fanego Salaverri e José-Ramón Villamarín Pallín.
Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.
Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1941.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.