← Volver atrás

Sánchez Gacio, José

Alcume: Don Pepe
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Rúa Concepción, Mondoñedo
(Lugo)
- 10/01/1898 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Mondoñedo
- 23/11/1980 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado e político, 38 anos. Solteiro. Veciño de Mondoñedo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) en 1924. Irmán de Constantino Sánchez Gacio, tamén encarcerado.

Presidente do Casino de Mondoñedo no ano 1926, reelixido en 1935.

Concelleiro de Mondoñedo en 1931 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) ata 1934, cando o cesaron por mor da folga xeral revolucionaria de outubro dese ano. Secretario da UXT . Presidente da Deputación de Lugo no ano 1932 tamén por ORGA. Vogal do Comité Provincial de Esquerda Republicana (ER) no ano 1934. Gobernador civil da Coruña do día 26/02/1936 ao día 09/04/1936, data na que presentou a súa dimisión. En xuño de 1936 era deputado provincial por ER e vicepresidente do comité Pro-Autonomía, que se constituíra en Mondoñedo tamén nese mes de xuño.

Encarcerado. Sancionado.

Prendérono os rebeldes e ingresárono no depósito de Mondoñedo o día 15/08/1936 con outras nove persoas; trasladado á Prisión Provincial de Lugo. Volveu ser trasladado ao depósito de Mondoñedo e de novo a Lugo.

Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 10/04/1938 polo delito de rebelión militar, na causa 1119/37, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 28/06/1938.

Neste proceso condenaron á pena de morte a: Alfredo Martínez Martínez, Guillermo Otero Villalba e José Sánchez Gacio; castigaron coa cadea perpetua a: Francisco García Martínez, Emilio González Valoria, Graciano Leivas Freire, Constantino Sánchez Gacio e Patricio Vijande Villar; penas de seis anos e un día para: Germán Fanego Salaverri e José-Ramón Villamarín Pallín.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña, o día 16/11/1938, pola de cadea perpetua.

Interno na Prisión Provincial da Coruña, deixárono en liberdade condicional provisoria o día 01/03/1943, que se publicou no BOE nº 81 do 22/03/1943.

Deportárono os franquistas de xeito provisorio a Toro (Zamora). Regresou a Mondoñedo e tivo prohibida a saía da provincia ata o ano 1965.

Procesárono por responsabilidades políticos e castigárono cunha multa de 250 pesetas, que pagou o día 13/02/1940.

Parella de Filomena González Janeiro, coa que tivo unha filla en xaneiro de 1926: Talía-Antonieta. En 1944 casou con Alicia Gómez Real, relación da que naceu outra filla en 1946: Silvia.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.