Nacemento:
Morte:
Escribinte, 16 anos. Veciño desde 1932 da Cernada, Santa María do Deveso, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña). Escribinte no concello das Pontes de García Rodríguez. Fillo maior do segundo matrimonio de Rafael Freire Lamas con Peregrina Barcia. Irmán de Juan Freire Barcia, guerrilleiro morto no enfrontamento de Pazos, Monfero (A Coruña) o día 31/10/1949 e de José Freire Barcia, tamén guerrilleiro e finado en Neda (A Coruña) o día 31/08/1951.
Vítima colateral.
Ao comezo da guerra civil mobilizárono os sublevados e ferírono na fronte de guerra. Con el tamén mobilizaran o seu irmán por parte de pai, Jesús Freire.
Na casa do seu pai na Cernada acubillaban a moitos guerrilleiros, aínda que era unha familia moi humilde. Arturo tiña diferencias cos guerrilleiros por mor das imposicións que facían sobre as familias da contorna para pedirlles axuda. Tiña amizade co tenente da Garda Civil das Pontes de García Rodríguez, quen daba voltas pola Cernada pero evitada a visita á casa dos seus pais. Pronto o tenente empezou a fartarse da situación e en maio de 1949 os guerrilleiros decidiron abandonar a súa base da Cernada. Os irmáns de Arturo, Juan e José uníronse á guerrilla naquel momento.
Co seu pai e coa súa nai tivo que identificar en Pazos ao seu irmán Juan, despois de que presenciaran o enfrontamento dos sete guerrilleiros cercados pola Garda Civil o día 31/10/1948.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.