← Volver atrás

Garrido Otero, Eduardo

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

A Gándara, San Pedro de Nós, Oleiros
(A Coruña)
- 01/01/1918 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 23/10/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 18 anos. Veciño da Gándara. Fillo de José Garrido Pasandín, executado. Irmán de Manuel Garrido Otero, tamén desertor e fuxido.

Militante da CNT.

Fuxido. Executado.

Realizou actividades de resistencia armada en contra do Réxime.

Mobilizado polo exército golpista en xuño de 1937, combateu na fronte de Somosierra ata decembro de 1938. Aproveitándose dun permiso, desertou.

O pai e os fillos fuxiron e estiveron agochados en Regueira de Ans, Oleiros, na casa de Andrea García Veiga e Encarnación García Veiga, ás que condenaron por este feito a oito anos e dez anos de prisión, respectivamente.

Xulgado en consello de guerra en setembro de 1940 na Coruña polo delito de asasinato, na causa 711/39, co resultado de sentenza á pena de morte.

Executado na Coruña xunto ao seu pai, no Campo da Rata; sacáronos da cadea e paseáronos.

Ao pai e ao fillo acusáronos os franquistas, xunto con Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel, e José Seijo Don, Seixo, de eliminar ao axente do Servizo de Información e Policía Militar (SIPM), José Barcia Rioboo, na Gándara, preto de Cambre (A Coruña), en xullo de 1939. A Eduardo e ao seu pai prendéronos e executáronos.

Soterrárono o día 23 de outubro nun nicho no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha