← Volver atrás

Garrido Pasandín, José

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Executado

Nacemento:

A Gándara, San Pedro de Nós, Oleiros
(A Coruña)
- 01/01/1881 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 23/10/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Carpinteiro, 55 anos. Veciño da Gándara. Pai de Eduardo Garrido Otero, executado, e de Manuel Garrido Otero, fuxido.

Membro dun sindicato campesiño da CNT.

Fuxido. Executado.

Realizou actividades na resistencia armada en contra do Réxime.

Os seus fillos Eduardo e Manuel desertaron do exército franquista. A José premeuno a Garda Civil para que informara do paradoiro do seu fillo Manuel.

O pai e os fillos fuxiron e estiveron agochados en Regueira de Ans (Oleiros) na casa de Andrea García Veiga e Encarnación García Veiga, ás que condenaron por este feito a oito anos e dez anos de prisión, respectivamente.

Xulgado en setembro de 1940 na Coruña polo delito de asasinato, na causa 711/39, co resultado de sentenza á pena de morte.

Executado na Coruña xunto ao seu fillo Eduardo, no Campo da Rata.

Ao pai e ao fillo acusáronos, xunto con Amador Domínguez Pan, Jaime Pimentel, e José Seijo Don, Seixo, de eliminar ao axente do Servizo de Información e Policía Militar (SIPM), José Barcia Rioboo, na Gándara, preto de Cambre (A Coruña). A Eduardo e ao seu pai prendéronos e executáronos.

Soterrárono o día 23 de outubro nun nicho no cemiterio de San Amaro, na Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha