← Volver atrás

Gómez Freijido, Tirso-Servando-Justino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Ribadavia,
(Ourense)
- 01/02/1887 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 31/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Latoeiro e político, 49 anos. Casado con Contemplación Mosquera Mariño; tiñas tres fillos. Veciños da Cañiza (Pontevedra).

Presidente da Casa do Pobo da Cañiza e militante do PSOE.

Executado.

Despois do golpe militar prendérono os rebeldes na Cañiza o día 21/07/1936 e trasladárono á prisión de Vigo.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: María Gómez González, alcaldesa da Cañiza; Tirso-Servando-Justino Gómez Freijido, latoeiro; Antonio Mojón Vázquez, mestre; Justo Moure Giráldez, propietario do Bar O Paraíso e concelleiro, e Jesús-Eugenio Pérez Pérez, mestre. Condenáronos a todos á pena de morte e executáronos, agás a María que alegou estar preñada.

Executado ás 16:00 h preto do Monte do Castro, en Vigo.

Morte rexistrada en Vigo a causa de hemorraxia interna por fusilamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha