← Volver atrás

Gómez González, María

Alcume: Maruja
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerada

Nacemento:

Belmez
(Córdoba)
- 06/02/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Lugo
(Lugo)
- 23/02/1986 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Política, 31 anos. Casada con José Ares Sánchez, mestre nacional destinado en Santiago de Parada das Achas, A Cañiza (Pontevedra); tiñan catro fillos. Veciños da Cañiza. O seu pai traballaba como enxeñeiro na empresa Vías y Construcciones.

No ano 1934 afiliouse a Esquerda Republicana (ER), que fundara Manuel Azaña Díaz. Presentouse ás eleccións de 1936 por ER e converteuse na primeira alcaldesa da Cañiza e a única muller á fronte dunha alcaldía nas eleccións de febreiro de 1936.

Encarcerada.

O día 21/07/1936 as forzas da Compañía de Seguridade e Asalto de Pontevedra entran na Cañiza e fanse co concello sen atopar resistencia. Á alcaldesa detivérona e levárona ao cárcere de Ribadavia (Ourense).

Xulgada en consello de guerra en Vigo (Pontevedra), o día 10/10/1936, polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: María Gómez González, alcaldesa da Cañiza; Tirso-Servando-Justino Gómez Freijido, latoeiro; Antonio Mojón Vázquez, mestre; Justo Moure Giráldez, propietario do Bar O Paraíso e concelleiro, e Jesús-Eugenio Pérez Pérez, mestre. Condenaron a todos á pena de morte e executáronos, agás a María que alegou estar preñada.

A execución da súa pena de morte suspendeuse temporalmente polo embarazo e, posteriormente, conmutáronlla pola de cadea perpetua o día 13/12/1936.

Ao seu home ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra) e a ela enviárona a Saturrarán, Mutriku (Guipúscoa).

Puxérona en liberdade no ano 1943, marcha a Lugo onde se establece cos seus catro fillos.

Aproba as oposicións de enfermería, traballo que desenvolve ata xubilarse no ano 1977.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha