← Volver atrás

Pérez Pérez, Jesús-Eugenio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Cañiza
(Pontevedra)
- 25/12/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 31/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 49 anos. Casado; tiñan cinco fillos. Veciños de San Sebastián das Achas, A Cañiza. Mestre nacional das Achas.

Retido 15 días por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.

Membro destacado dos socialistas na Cañiza.

Executado.

Despois do levantamento militar arrestárono na Cañiza e trasladárono a Vigo.

Xulgado en consello de guerra en Vigo polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: María Gómez González, alcaldesa da Cañiza; Tirso-Servando-Justino Gómez Freijido, latoeiro; Antonio Mojón Vázquez, mestre; Justo Moure Giráldez, propietario do Bar O Paraíso e concelleiro, e Jesús-Eugenio Pérez Pérez, mestre. Condenáronos a todos á pena de morte e executáronos, agás a María que alegou estar preñada.

Fusilárono os golpistas ás 16:00 h preto do Castelo do Castro, en Vigo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha