← Volver atrás

Mojón Vázquez, Antonio

Alcume: Chico
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

A Cañiza
(Pontevedra)
- 10/10/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Vigo
(Pontevedra)
- 31/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mestre e político, 20 anos. Solteiro. Veciño de Gorgua, San Pedro da Torre, Padrenda (Ourense). Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra, rematando no ano 1935. Exercera de mestre interino en Campomojado, Villoria, Laviana (Principado de Asturias). Mestre de Gorgua desde abril de 1936.

Militante do PSOE e da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Asturias (ATEA).

Executado.

Cando se produce o golpe militar atopábase de vacacións na Cañiza, onde o prenderon os rebeldes e trasladárono á prisión de Vigo.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo o día 10/10/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 432/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Neste proceso xulgaron a: María Gómez González, alcaldesa da Cañiza; Tirso-Servando-Justino Gómez Freijido, latoeiro; Antonio Mojón Vázquez, mestre; Justo Moure Giráldez, propietario do Bar O Paraíso e concelleiro, e Jesús-Eugenio Pérez Pérez, mestre. Condenáronos a todos á pena de morte e executáronos, agás a María que alegou estar preñada.

Fusilárono os golpistas ás 16:00 h nas inmediacións do Castelo do Castro, en Vigo.

Morte rexistrada en Vigo por mor dunha hemorraxia interna.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha