← Volver atrás

López Ardao, José

Alcume: José dos Zacotos
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Depurado

Nacemento:

Someiro, San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar, 35 anos. Veciño de Xavariz, Santiago de Pantín, Valdoviño (A Coruña). Mariño, cabo fogueiro na Base Naval de Marín (Pontevedra). Irmán de Jesús López Ardao, o de Someiro; Baltasar López Ardao, Baltasar de Zacotos, paseado, e de Manuel López Ardao, Manuel de Zacotos, tamén encarcerado. A súa irmá, María López Ardao, casara con Evaristo Eive Vilar.

Fillo de Constantino López, quen se rebelara contra do cura de Santa Olaia de Soaserra, Cabanas, con outros veciños, por mor do pago da oblata e abrazaran o protestantismo facía uns dez anos, en 1926.

Encarcerado. Depurado.

O día 25/07/1936 chegou de permiso e detívoo a Garda Civil de Pontedeume (A Coruña) o día 27 co seu irmán Manuel López Ardao. Acusáronos de acubillar na súa casa a Francisco Cernadas Veloso, cabo do cruceiro lixeiro Miguel de Cervantes e que andaba fuxido desde a sublevación. A Francisco prenderíano con posterioridade.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (causa contra varios veciños de Fene) co resultado de sentenza a oito anos e un día de prisión menor.

Pena ordinaria conmutada no ano 1940 e puxérono en liberdade en outubro dese ano.

Despedírono do seu posto de traballo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha