← Volver atrás

López Ardao, Baltasar

Alcume: Baltasar dos Zocotos
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

A Lousada, San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)
- 01/01/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Os Xicos, San Vicente de Regoela
- 05/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, 26 anos. Veciño do Someiro, San Vicente de Regoela. Emigrado nos Estados Unidos. Segundo testemuñas adoutrinou aos seus veciños nas ideas de esquerdas. Irmán de Jesús López Ardao, o de Someiro; José López Ardao, José de Zacotos, encarcerado, e de Manuel López Ardao, Manuel de Zacotos, tamén encarcerado. A súa irmá, María López Ardao, casara con Evaristo Eive Vilar.

Fillo de Constantino López, que con outros veciños se rebelara contra o cura de Santa Olaia de Soaserra, Cabanas, por mor do pago da oblata. Constantino e outros abrazaran o protestantismo uns dez anos antes, no ano 1926.

Fuxido. Paseado.

Denunciado polo veciño de Regoela, o falanxista Santiago García Rodeiro.

Detido na emboscada dos falanxistas da noite do 4 ao 05/09/1936, con varios compañeiros, cando se achegaran á casa da súa avoa Francisca Pereira, nos Xicos.

Alí se congregaran Amador Barcia Fernández, Xicos; Arturo Pereira López e Juan Pereira López; Jesús Bouza Pereira; Baltasar López Ardao, Baltasar de Zacotos, e Joaquín Torres Sas, o Soldado. Os falanxistas tiñan rodeada a casa, agochados nun alpendre. Ao descubrilos, Baltasar saíu correndo e matárono; ao resto prendéronos.

Antes do amencer saíron cara Santa Mariña de Sillobre (Fene). A altura de San Marcos, Amador sacou unha navalla que levaba no peto, liberouse das ataduras e conseguiu saltar do camión, que os levaba ao cemiterio de Santiago de Sillobre (Fene) e onde ían fusilalos. Conseguiu liberar a Torres e a Arturo Pereira; Arturo, ao ver que o seu irmán Juan seguía amarrado, dubidou e prendérono.

Amador e Torres fuxiron cada un polo seu lado; Joaquín Torres acadou o río Belelle e agochouse; Amador fuxiu da zona.

A Jesús Bouza, a Arturo Pereira e a Juan Pereira executáronos no cemiterio de Sillobre. Juan non chegaba aos 18 anos.

Mantívose agochado no monte, perseguírono os represores, tiroteárono e asasinárono nos Xicos.

Morte rexistrada nos Xicos ao aplicarlle a Lei de Fugas.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.