Nacemento:
Morte:
Tiña 18 anos. Veciño de Regoela. Irmán de Arturo Pereira López, tamén paseado. Curmán de Antonio Vilar Pereira, fuxido na Santa Teresa.
Fuxido. Paseado.
Denunciado polo veciño de Regoela e falanxista Santiago García Rodeiro.
Detido na emboscada dos falanxistas, na noite do 4 ao 5 de setembro de 1936, con varios compañeiros, cando se achegaran á casa da súa avoa, Francisca Pereira, nos Xicos, Regoela. Alí se congregaran Amador Barcia Fernández, Xicos; Arturo Pereira López e Juan Pereira López; Jesús Bouza Pereira; Baltasar López Ardao, Baltasar de Zacotos, e Joaquín Torres Sas, o Soldado. Os falanxistas tiñan rodeada a casa, agochados nun alpendre. Ao descubrilos, Baltasar saíu correndo e matárono; ao resto prendéronos.
Antes do amencer saíron cara Sillobre. A altura de San Marcos, Amador sacou unha navalla que levaba no peto, liberouse das ataduras e conseguiu saltar do camión que os levaba ao cemiterio de Sillobre, onde ían fusilalos. Conseguiu liberar a Torres e a Arturo Pereira; Arturo, ao ver que o seu irmán Juan seguía amarrado, dubidou e prendérono. Amador e Torres fuxiron cada un polo seu lado; Joaquín Torres acadou o río Belelle e agochouse; Amador fuxiu da zona. A Jesús Bouza, a Arturo Pereira e a Juan Pereira asasináronos no cemiterio de Sillobre; Juan non tiña os 18 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.