Nacemento:
Morte:
Barbeiro, 28 anos. Solteiro. Veciño de Paradela.
Represor. Encarcerado. Executado.
Manuel Saco Rivera, asociado con Mario-Benito-Nicolás González Zaera, presidente de Falanxe en Lugo, realizou actividades económicas abusivas detraendo importantes cantidades de cartos de Falanxe, extorsións, violencia física e asasinatos de autoridades militares e relixiosas. Nas súas actividades represoras nas Escuadras Negras tamén contou con Pedro Gudín García, Ramón Salgueiro Vázquez; Camilo Rodríguez, o Rubio de Vilamaior; Manuel Carrozas Varela; José Golás Veiga; Julio López López, o Garabito; José López Boado; Teodoro López Vázquez; Jaime González Rigueira, Xaime de Agroxoi, e outros moitos.
Entre xullo e decembro de 1936 os falanxistas de Sarria recadaron sobre unhas 450.000 pesetas máis o valor doutros bens que incautaron.
Preso gobernativo en varios campos de concentración.
Ingresado no depósito de Sarria (Lugo) o día 08/08/1936 e trasladado á Prisión Central de Lugo.
Enviado ao campo de concentración de Rianxo (A Coruña) o día 02/05/1938.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión militar, na causa 402/41, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 30/05/1942.
Fusilárono en Lugo.
Procesárono por responsabilidades políticas en Lugo e indultárono no ano 1942.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.