← Volver atrás

López Suárez, Manuela

Alcume: Manuela Sánchez
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Nacemento:

Probaos, San Vicenzo de Carres, Cesuras
(A Coruña)
- 08/06/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Probaos
- 04/03/1948 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 30 anos. Casada con Adolfo Cadaveira Pernas; tiñan un fillo: José. Veciños de Probaos, da Casa dos Chintos. Tía política de Manuel Mosquera Moar, irmá de María López Suárez e filla de Jacinto López Sánchez (pai de María e de Manuela); aos catro executounos a Garda Civil na súa casa de Probaos.

Morte en enfrontamento.

Manuela era enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).

Na noite do 3 de marzo de 1948 o seu domicilio rodeouno un comando da Garda Civil de Betanzos (A Coruña), que mandaba o capitán José Méndez Villar e que andaba na procura de guerrilleiros. Eles tiñan acubillados na súa casa a Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, e a José Blanco Núñez, Ferreirín. A casa asaltárono no mediodía do seguinte 4; José Blanco conseguiu fuxir do cerco e Antonio Nouche, Manuel Mosquera, María López, Manuela López e Jacinto López finaron executados pola Garda Civil na aplicación da Lei de Fugas.

Manuel Mosquera Moar e a súa dona María López Suárez vivían nunha casa veciña e tamén eran enlaces da guerrilla antifranquista.

No enfrontamento tamén morreron os gardas civís Blas Sánchez Gómez e José Cano Gutiérrez.

O Tribunal Militar Territorial da Coruña iniciou a causa 115/48 por estes feitos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha