← Volver atrás

Méndez Villar, José

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Garda civil. Veciño de Betanzos (A Coruña). Capitán da Garda Civil en Betanzos.

Represor.

Na noite do 3 ao 4 de marzo de 1948 un comando da Garda Civil de Betanzos, que mandaba o capitán José Méndez Villar e que andaba na procura de guerrilleiros, rodeou a casa da enlace da guerrilla antifranquista Manuela López Suárez en Probaos, San Vicente de Carres, Oza-Cesuras (A Coruña). A familia de Manuela tiña acubillados na súa casa a Antonio Nouche Costa, Dourado Xaneiro, e a José Blanco Núñez, Ferreirín. A casa asaltárono o día 4, José Blanco conseguiu fuxir do cerco e Antonio Nouche Costa, Manuel Mosquera Moar, María López Suárez, Manuela López Suárez e o pai destas dúas últimas, Jacinto López Sánchez, finaron executados pola Garda Civil na aplicación da Lei de Fugas.

No enfrontamento tamén morreron os gardas civís Blas Sánchez Gómez e José Cano Gutiérrez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha