Nacemento:
Morte:
Xastre, 30 anos. Casado con Celia Sánchez López; tiñan unha filla: María. Veciños de Chouselas, Carres. Xenro de María López Suárez, sobriño político de Manuela López Suárez e neto político de Jacinto López Sánchez (pai de María e de Manuela); aos catro executounos a Garda Civil na súa casa de Probaos.
Encarcerado. Executado.
A Manuel retivérono no cárcere coa súa sogra María durante 120 días desde o día 13/08/1947. Torturáronos na cadea. Puxéronos en liberdade condicional.
O día 04/03/1948, un cabo e catro gardas civís de Betanzos (A Coruña) arrodearon dúas casas na parroquia de Carres, na que se atopaba Antonio Nouche Costa con José Blanco Núñez, Ferreirín. Houbo un enfrontamento, José Blanco xa marchara da casa. A Garda Civil matou a Antonio Nouche e aos habitantes da casa: María López Sánchez, Manuel Mosquera Moar, Manuela López Suárez e Jacinto López Sánchez, acusados de ser enlaces. A patrulla represora mandábaa o capitán José Méndez Villar. No operativo morreron os números da Garda Civil Blas Sánchez Gómez e José Cano Gutiérrez.
Posiblemente Manuela axudou a Nouche para permitir a fuxida de Ferreirín e outro fuxido, que se acubillaban na casa do cura. A Manuel Mosquera e á súa sogra aplicáronlles a Lei de Fugas na noite dese mesmo día.
O Tribunal Militar Territorial da Coruña incoou a causa 115/48 por estes feitos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.