← Volver atrás

Madariaga Rojo, Salvador de

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 23/07/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Locarno
(Tesino, Suíza)
- 14/12/1978 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Diplomático e escritor, 49 anos. Casou en 1912 coa escocesa Constance Archivald; tiveron dúas fillas: Nieves e Isabel. Eran 11 irmáns. Licenciado en Enxeñería de Minas en París, traballou como enxeñeiro na Compañía de los Caminos de Hierro del Norte, que deixou no 1916, e como articulista en Madrid. Mantivo amizade, entre outras persoas, con Miguel de Unamuno Jugo. Traballou na Sociedade de Nacións e despois, en 1928, como profesor de Literatura Española na Universidade de Oxford ata 1931.

En maio de 1931 o Goberno provisorio da II República nomeouno embaixador en Washington (Estados Unidos) e logo delegado español diante das Nacións Unidas.

Nas eleccións dese mesmo ano acadou acta de deputado pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) na provincia da Coruña. Embaixador en Francia de 1932 a 1934. Ministro de Instrución Pública e Belas Artes; ministro de Xustiza no 3º Goberno de Alejandro Lerroux García.

No segundo bienio da II República criticou tanto a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 como o encarceramento de Manuel Azaña Díaz.

Exiliado.

Cando se produce o golpe dos militares rebeldes achábase en Toledo. Logo exiliouse en Francia e no Reino Unido, desde onde criticou e fixo oposición aos franquistas.

No ano 1972 residía no cantón suízo de Tesino.

Á morte de Francisco Franco Bahamonde regresou a España no ano 1976.

Membro da Real Academia Española (RAE).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha