← Volver atrás

Porto Bugallo, Eladio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

San Tomé de Serantes, Leiro
(Ourense)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Ourense
- 09/02/1937 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Mecánico e político, 28 anos. Veciño de San Tomé de Serantes, onde traballaba de mecánico.

Executado.

Despois do alzamento fuxiu e os franquistas detivérono nos montes próximos a Ribadavia (Ourense) a primeiros de 1937; ocupáronlle un revolver de seis tiros.

Fusilárono os militares rebeldes, sen formación de causa, no Campo de Aragón do Cuartel de San Francisco, en Ourense.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de adhesión á rebelión na causa 1599/37.

O tribunal militar deste xuízo condenou a cadea perpetua a Benito Veleiro Fernández; penas de 20 anos de cadea para: Luis Crispín Fernández e Antonio-Fernando González Díaz; castigaron a 12 anos e un día a Ginés Alemparte Alén; declararon fuxido a Miguel Crego Araujo. Tamén enxuizaron, entre outras persoas, a: Eugenio Collazo Álvarez, Eladio Porto Bugallo e Jesús Romero Álvarez.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha