← Volver atrás

Romero Álvarez, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Leiro
(Ourense)
- 01/01/1885 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Carpinteiro, sindicalista e político 51 anos. Veciño de Barzamedelle, Santo Adrao de Bieite, Leiro.

Presidente da Sociedade de Oficios Varios de Leiro.

Detido con varios veciños por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 por “manifestarse desfavorablemente en contra del Estado”; liberados días despois.

Concelleiro de Leiro en marzo de 1936 despois do triunfo da Fronte Popular (FP).

Encarcerado.

Prendérono os franquistas despois do alzamento sedicioso de xullo de 1936.

Xulgado en consello de guerra en Ourense polo delito de auxilio á rebelión na causa 1599/37.

O tribunal militar deste xuízo condenou a cadea perpetua a Benito Veleiro Fernández; penas de 20 anos de cadea para: Luis Crispín Fernández e Antonio-Fernando González Díaz; castigaron a 12 anos e un día a Ginés Alemparte Alén; declararon fuxido a Miguel Crego Araujo. Tamén enxuizaron, entre outras persoas, a: Eugenio Collazo Álvarez, Eladio Porto Bugallo e Jesús Romero Álvarez.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Ourense polo delito de auxilio á rebelión o día 21/02/1940, na causa 1073/39, co resultado de sentenza a 20 anos e un día de cadea.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas en Ourense, en maio de 1940, co resultado de sanción económica. Despois do pago da multa, recuperou a libre disposición dos seus bens en maio de 1942.

Tamén o xulgaron en Ourense na causa 336/47.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha