Nacemento:
Morte:
Avogado, 39 anos. En 1928 licenciouse en Dereito pola Universidade Central de Madrid. Participou na Guerra de Marrocos, onde se incorporou ao exército e permaneceu voluntario por catro anos.
Colabora na reorganización da Agrupación Socialista (AS) de Viveiro en 1922. En 1930 estableceuse en Ferrol (A Coruña) e ingresou na Sociedade de Oficios Varios, vencellada á UXT. Elixido concelleiro de Ferrol en 1931 e deputado nacional polo PSOE por Ourense ese mesmo ano, nas constituíntes. Nas xerais de 1933 non obtivo acta de deputado pola Coruña.
Secretario político do Ministerio de Gobernación con Santiago Casares Quiroga.
Detido por mor da folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Encarcerado. Exiliado.
Detido polos franquistas sen procesamento xudicial.
En agosto de 1936 actuou como avogado defensor no consello de guerra contra Antonio Santamaría López (alcalde de Ferrol), Francisco del Río Barros, Ventura Dios Lojo e o garda civil Ricón. Despois destes amargos momentos renunciou ao exercicio da avogacía.
Pasou a guerra civil preso en Irún (Guipúscoa) e no ano 1940 desterrárono a Tafalla (Navarra), de onde escapou para Francia. Internárono no campo de Gurs (Pireneos Atlánticos, Aquitania, Francia) un ano e medio.
Logo pasou a Casabranca (Marrocos), embarcou no Nyassa rumbo a México, onde chegou en outubro de 1942.
Nos últimos anos da súa vida viviu coa súa irmá en San Francisco (Estados Unidos).
Regresou a España en outubro de 1986 e pouco despois morreu na súa vila natal.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.