← Volver atrás

Rodríguez Fernández, Juan-Manuel

Alcume: Chato, Marrolo, Barrolo
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Executado

Nacemento:

Santa Mariña de Cabral, Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Tui
(Pontevedra)
- 08/04/1942 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chofer e mecánico, 24 anos.

Fuxido. Exiliado. Executado.

Despois do triunfo da sublevación militar fuxiu ao monte.

No ano 1939 integrouse na partida guerrilleira de Jesús Lago González, Petrillas, quen formara un grupo estable de fuxidos que actuaban na contorna de Cabral e Navia. No grupo figuraban Enrique Cameselle García, José Almeida Otero, Antonio Rodríguez Posada, Luciano Janeiro Valente, Vicente Guillén Biel e Juan-Manuel Rodríguez Fernández.

Prenderon a todo o grupo o día 21/09/1940 e fusiláronos o seguinte 24 de outubro no cemiterio de Puxeiros, en Vigo, agás a Juan-Manuel, que sendo o último da fila do pelotón e ao atoparse solto, botouse a correr e salvouse da morte nesta execución.

O Xulgado Militar emitiu de xeito inmediato unha requisitoria na súa contra.

Pasou a Portugal, onde traballa un tempo, prendeuno a policía portuguesa e devolvérono a España o día 09/03/1942.

Fusilárono os franquistas en Tui o 8 de abril e soterrárono no cemiterio de Puxeiros.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha