← Volver atrás

Sáenz de Buruaga Polanco, Eduardo

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Golpista

Nacemento:

Porto Príncipe
(Haití)
- 15/04/1893 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Madrid
- 17/02/1964 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 43 anos. Ingresou na Academia de Infantería de Toledo no ano 1910. Participou en case que toda a Guerra de Marrocos; xa en 1913, como 2º tenente, combatía en África.

Golpista.

A súa participación no golpe militar resultou decisiva para asegurar o control de Tetuán (Marrocos) para os golpistas; sendo coronel fíxose cargo das forzas rebeldes, rendeu aos militares leais á República que resistían no aeródromo de Sania Ramel, Tetuán (Marrocos), e que mandaban Arturo Álvarez-Buylla Godino e o comandante Ricardo de la Puente Baamonde, curmán de Francisco Franco Bahamonde.

No desenvolvemento da guerra civil participou nas campañas de Andalucía, Madrid e Teruel.

En marzo de 1937 habilitárono como xeneral de brigada e gobernador militar de Cáceres. En agosto de 1939 era gobernador militar de Madrid.

Ascendeu en xuño de 1942 a xeneral de división e sería gobernador xeral do campo de Xibraltar; no ano 1948 era tenente xeneral e desenvolveu a capitanía xeral de Baleares.

No ano 1957 nomeárono director xeral da Garda Civil.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha