Nacemento:
Morte:
Militar, 41 anos. Militar do Exército do Aire. Curmán de Francisco Franco Bahamonde. Non empregou o apelido Bahamonde, senón o de Baamonde. Orfo de neno, pro afillado da súa tía, a nai de Franco, polo que os dous curmáns conviviron de nenos; Ricardo tiña tres anos menos que Francisco.
Ingresou na Academia de Enxeñeiros no ano 1911, sendo capitán en 1919. Era comandante da arma de Aviación no ano 1934 e a Fronte Popular (FP) destinouno como xefe da base do aeroporto de Sania-Ramel, en Tetuán (Marrocos). Participou na Guerra do Rif, onde o condecoraron con dúas medallas.
Persoa das esquerdas.
Durante a folga xeral revolucionaria de outubro de 1934 negouse bombardear aos mineiros asturianos, polo que ao seu curmán Francisco destituíuno, cando Franco era xefe do Estado Maior.
Executado.
A sublevación militar sorprendeuno cando era o comandante do Aeródromo de Tetuán Sania-Ramel, no Protectorado de Marrocos, manifestándolle ao Alto Comisario de Marrocos, Arturo Álvarez-Buylla Godino, tamén fusilado, que se mantería fiel á República. Nesta base tiña que aterrar o Dragon Rapide, que levaba a Franco para encargarse da rebelión fascista.
As tropas golpistas, mandadas polo coronel Eduardo Sáenz de Buruaga Polanco, cercaron a base e o día 18/07/1936 a resistencia rematou. Ricardo rendeuse, non sen antes ordenar aos seus homes a destrución dos Breguet 19 que había na base.
Cando o seu curmán Francisco Franco chegou a Tetuán para asumir o mando dos sublevados, deu o seu prace para que ao seu curmán o fusilaran, aínda que delegou no xeneral Luis Orgaz Yoldi a sinatura da sentenza.
Xulgado en corte militar polo delito de traizón, fusilárono o día 4 de agosto no Monte Hacho (Ceuta).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.